986 487 786
Aula Mentor Mos2022-06-07T06:06:12+01:00

Aula de formación aberta, flexible e a distancia

Aula de formación aberta, flexible e a distancia

mediante tecnoloxías da información e a comunicación

Saber máis

O Concello de Mos implantou unha AULA DE FORMACIÓN ABERTA, FLEXIBLE e A DISTANCIA mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de Aula Mentor, con obxecto de potenciar a accesibilidade á oferta modular no ámbito dos ensinos non regrados, de modo que calquera poida formarse dende a súa casa, dende calquera lugar e hora, ou na Aula Mentor do Concello.

O Concello asinou o Convenio de colaboración coa Sudirección Xeral de Orientación e Aprendizaxe ao Longo da Vida, do Ministerio de Educación e Formación Profesional, en data 22.09.2021

Qué é a AULA MENTOR?

A Aula MENTOR é un centro de formación para persoas mozas e adultos, cuxo obxectivo é facilitar ao alumno o acceso a un sistema de aprendizaxe aberta, libre, flexible e a distancia que:

100% adaptable

Se adápta ás necesidades e intereses de formación de cada alumno.

100% adaptable

Se adápta ás necesidades e intereses de formación de cada alumno.

Atención personalizada

Cada alumno dispón dunha atención titorial especializada e personalizada que segue o seu proceso de aprendizaxe.

Atención personalizada

Cada alumno dispón dunha atención titorial especializada e personalizada que segue o seu proceso de aprendizaxe.

Sen titulación previa

É accesible a calquera persoa, xa que non se require nivel de estudos nin titulación previa.

Sen titulación previa

É accesible a calquera persoa, xa que non se require nivel de estudos nin titulación previa.

Folla informativa
icon-1@2x

UNHA OPCIÓN DIFERENTE DE FORMACIÓN

Baseada nunha plataforma de formación avanzada do Ministerio de Educación, que fai posible ás persoas maiores de 16 anos e sen límite de idade, acceder a unha ampla oferta formativa en constante ampliación e actualización que che permite aprender

  • Cando queiras: Máis de 140 cursos. con matrícula aberta permanente: o alumno decide cando comezar .

  • Onde queiras: Podes seguir o curso desde a aula Mentor ou desde o teu domicilio.

  • Como queiras: Ti decides o curso que queres facer, a duración do curso en función dos teus intereses e preparación, o tempo que dedicas e o horario.

CATÁLOGO CURSOS

Contacto Aula Concello de Mos

Administradores:

    • Ana I. Vázquez Gil
    • Raquel Monzón Otero
MATRÍCULA CURSOS2022-07-18T10:27:26+01:00
  • Matrícula inicial: 48 € (2 meses)
  • Recarga: 24 € (1 mes)
Folla para matrícula
HORARIO DE USO POLO ALUMNADO DA AULA MENTOR2022-02-23T05:32:02+01:00

Luns a venres, de 09:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 18:00 h

TELÉFONOS DE CONTACTO2022-02-23T08:53:49+01:00

Atenderémoste en 986487786/ 986 339 404

DIRECCIÓN DE CONTACTO2022-02-23T05:32:39+01:00

Se necesitas axuda presencial estamos en:

Axencia de Colocación de Mos, Avda. Peinador, 39, 36416, Mos (Pontevedra)

HORARIO ATENCIÓN AULA MENTOR2022-02-23T05:32:59+01:00

Luns, mercores e venres, de 10:00 h a 13:00 h

Dereitos e deberes do alumno

Dereitos do alumno/a con matrícula activa:

  • Asistencia á aula nun horario determinado se o alumno/ao precisa.

  • Apoio do administrador para o manexo de equipos e acceso a Internet.

  • Titoría para resolución de dúbidas e avaliación mentres estea activa a matrícula. Exceptúanse fins de semana, festivos e o mes de agosto. A resposta do titor/titora non superará as 48 horas (sen contar fins de semana).
  • Materiais institucionais do curso.
  • Acceso á mesa de traballo do curso.
  • Ser autorizado para exame, unha vez finalizadas as actividades do curso.
  • Se está próxima a data de finalización de matrícula e non rematou o curso: pode recargalo de novo. Fale co seu administrador/a. Se rematou o prazo de matrícula e non a recargou, debe poñerse en contacto co administrador/a antes de 15 días (“período de gracia”) dende esa finalización para recargálo de novo.

Dereitos do alumno/a que finalizou o curso:

  • Presentarse a exame en dúas convocatorias distintas se non superou a primeira.
  • Presentarse a exame pasadas tres convocatorias consecutivas sen presentarse.
  • Obtención dun certificado de aproveitamento tras a superación da proba final.
COÑECER MÁIS SOBRE OS DEREITOS E DEBERES

1.

MENTOR EN ABERTO

Convocatoria en aberto a través de www.aulamentor.es. Tamén terás acceso a formación gratuita: Formación Cisco (Novas tecnoloxías) e outras.

*A matrícula en todolos cursos desta convocatoria, incluíndo os de CISCO (Ciberseguridade,  Emprendemento Dixital, Linux Essentials, Internet das cousas) debe facerse nas aulas Mentor. Se un usuario se rexistra na páxina de Cisco directamente, esa matrícula non está incluida na convocatoria en aberto de Mentor e non terá atención titorial.

2.

CURSOS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

Cursos on line con examen presencial específicos para profesorado. Éstes cursos permiten inscribir os certificados no Rexistro de Formación do profesorado do Ministerio de educación e Formación Profesional (MEFP).

Ëstes cursos convócanse nunhas datas determinadas. E os presos, funcionamento e normas seguen os mesmos procedementos que todolos cursos Mentor.

Ir a Arriba